Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media
blog-img

Axudas libros e material escolar curso 2017/18

Con data 22 de maio de 2017 a Consellería de Educación publicou o extracto da Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Quen desexe solicitalas deberá presentar na secretaría do centro antes do 23 de xuño o modelo de solicitude que poderán obter no portal educativo www.edu.xunta.es, na web do colexio ou na propia secretaría.

A Solicitude deberá estar asinada por todos os membros da familia que obteñan ingresos e acompañada dunha fotocopia completa e actualizada do libro de familia. Non se aceptarán solicitudes que non veñan acompañadas da fotocopia do libro de familia.

Se a situación familiar declarada na solicitude (a 31 de decembro de 2015) non coincide cos datos contidos no libro de familia (como consecuencia, por exemplo, de separación ou divorcio, defunción, etc.) deberá documentarse a nova situación mediante certificación ou volante de convivencia expedido polo concello ou sentenza de separación ou divorcio ou convenio regulador. En caso de minusvalía dalgún membro da familia tamén deberán documentar esta circunstancia.

REQUISITOS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, para alumnado de 1º e 2º de Primaria e Educación Especial:

  • Renda per cápita familiar que non supere os 9.000 €.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, para alumnado de 3º a 6º de Primaria e Educación Secundaria:

  • Ter entregados en BO ESTADO TODOS OS LIBROS DO FONDO DO CURSO 2016/17. O contrario será causa de EXCLUSIÓN directa da participación no préstamo.
  • Renda per cápita familiar que non supere os 9.000 €.

REQUISITOS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, para alumnado de Primaria, Secundaria e Educación Especial:

  • Ter entregados en BO ESTADO TODOS OS LIBROS DO FONDO DO CURSO 2016/17. O contrario será causa de EXCLUSIÓN directa para solicitar esta axuda.
  • Renda per cápita familiar que non supere os 5.400 €.

O importe das axudas para a adquisición de libros será de 170€ ou 90€, segundo o nivel de renda, para 1º e 2º de Primaria, cantidade que será descontada do importe dos libros no recibo de outubro no caso de adquirir os libros na librería do colexio. Non obstante, aqueles que soliciten esta axuda e non vaian adquirir os libros de texto no colexio deberán pasar pola secretaría do centro para recoller un VALE polo importe correspondente o cal poderán cambiar por libros na libraría que desexen.

O importe das axudas para a adquisición de material escolar será de 50€, cantidade que tamén será descontada do importe correspondente no recibo de outubro no caso de adquirilo na librería do colexio. Non obstante, aqueles que soliciten esta axuda e non vaian adquirir o material escolar no colexio deberán pasar pola secretaría do centro para recoller un VALE polo importe o cal poderán cambiar polo material na libraría que desexen.

NOTA: Para o cálculo da renda per cápita familiar sumaranse os importes das casillas 380 e 395 das declaracións da renda do ano 2015 de todos os que obteñan beneficios na unidade familiar e dividirase entre o número de membros da mesma.

Se teñen algunha dúbida pódense informar na páxina web da Consellería de Educación ou pórse en contacto coa secretaría do centro no teléfono 986 303 032.

DOCUMENTO ADJUNTO:
Anexo 1 en PDF

Publicacións relacionadas