Equipo de dinamización e normalización lingüística

¿Quen somos?
 

        Un equipo de normalización e dinamización da lingua galega, que actúa baixo a supervisión da dirección do Centro e que está formado por dez profesores, dous representantes do alumnado, agás no ensino infantil e primario, e un membro do persoal non docente. 


Equipo de dinamización e normalización lingüística do centro está formado por:

    -Mercedes Boullosa Nores
-Inés Vizoso Malvido
    -María Beatriz Adán Eiroa
    -María Aurora Fernáncez Pérez
    -Mª José Alonso
-José Martínez De la Torre
-María Barral Moldes
    -Ángel Currás Paredes
    -Isabel Brión Caíño (Sabela)

 
 
¿Cales son os nosos obxectivos?
 

·         Potenciar o emprego do galego en tódolos planos da vida educativa para garantir ó remate do ensino obrigatorio a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais na nosa Comunidade.

 

·         Atender ás necesidades específicas de cada ano escolar e fomentar a participación en actividades promovidas pola Xunta que aumenten ou melloren o uso da lingua de noso.

 

·         Garantir o cumprimento do horario lectivo das materias que legalmente deben impartirse en galego, tanto en E.Primaria como en E.Secundaria.

 

·         Promover, organizar cursos de formación de lingua galega e/ou linguaxes específicas, para o persoal docente ou non docente do Centro.

 

·         Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.

 

·         Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso. Neste sentido, cómpre reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ó alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialemente o seu emprego sexista en tódolos ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca cada centro.

 

·         Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega, que esfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.

 

·         Establecer un plan específico destinado á nova poboación inmigrante que se está a asentar en alicia, que prevexa formación lingüística, coñecementos históricos e socioculturais.

 

·         Garantirlle a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.




  


Documentos Adxuntos
  •  Presentación LETRAS GALEGAS 2010
  •  Caderno LETRAS GALEGAS 2010
  •  portada
  •  xeografia
  •  historia
  •  fauna e flora
  •  por que Uxio
  •  biografia
  •  bibliografia
  •  o seu galego
  •  paisaxisticas
  •  existencialista
  •  cívica
  •  amorosa
  •  exp formal
  •  gravados
  •  uxio no mundo
  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos