Quen Somos

O Colexio Eduardo Pondal naceu no ano 1982 e desde entón imparte ensinanzas de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria e ESO, en réxime de concerto coa Consellería de Educación.

A nosa actividade académica baséase no desenvolvemento duns principios educativos que definen o proxecto do Colexio Eduardo Pondal:

  • Educar fomentando o respecto, a tolerancia e a cooperación, con espírito democrático e coa aceptación de todas as culturas e da igualdade de dereitos entre os sexos.
  • Conseguir que o alumno coñeza e se responsabilice dos seus deberes e dereitos.
  • Ofrecer un ambiente cálido e próximo que favoreza o desenvolvemento e a expresión da personalidade dos alumnos/as, prestando unha especial atención ao ámbito afectivo, moral e intelectual.
  • Lograr que todos os alumnos/as acaden os obxectivos educativos establecidos pola Consellería de Educación.
  • Educar no respecto e a defensa do medio ambiente.
  • Procurar que os nenos/as teñan unha óptima adaptación e integración no seu entorno social.
  • Conseguir que os alumnos/as adquiran e perfeccionen hábitos de estudo, reflexión, orde, limpeza, puntualidade, compañeirismo, autodominio, traballo en equipo e aproveitamento do tempo libre para lograr os obxectivos que se propoñan.
  • Fomentar os aspectos lúdicos, deportivos, de lecer e recreativos na súa formación.
  • Potenciar o seu desenvolvemento individual para que, como persoas, se poidan enfrontar á vida real dun modo activo, crítico, participativo, construtivo e creativo.

No noso afán de superación e de mellora continua e cunha perspectiva de calidade nas nosas mentes, traballamos diariamente para ofrecer aos nosos alumnos o mellor en educación e nos servizos prestados, por iso o Colexio Eduardo Pondal estivo involucrado no deseño e implementación dun plan de calidade de acordo coas normas internacionais da ISO 9001.

Este esforzo foi recompensado coa Certificación de Calidade UNE-EN ISO 9001-2008 en todos os nosos niveis de ensino: Educación Infantil, Primaria e Secundaria, algo que nos fai crer cada día máis nos nosos propios signos de identidade:  a innovación continua, a atención personalizada e a resposta individualizada as necesidades dos nosos alumnos.

A alta calidade no ensino e nos servizos prestados é unha realidade e unha responsabilidade permanente para todos aqueles que fan parte do Colexio Eduardo Pondal.

Dende o Colexio Eduardo Pondal facemos unha clara aposta pola calidade e a mellora continua como metodoloxía de traballo e poñemos todo o noso esforzo e empeño en satisface-las expectativas de alumnado e familias.

A obtención deste certificado  é un exemplo máis do noso compromiso co traballo , para a máxima calidade nos servizos que ofrecemos.

Finalmente sinalar que o noso centro se encontra totalmente implantado na zona, escolarizando alumnos de todo o Morrazo e mesmo doutras comarcas e gozando dunha consideración no noso entorno que procuramos manter co noso labor constante en prol da educación.




  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos