Normas de Convivencia

Na educación transmítense e exercítanse valores que fan posible a vida en sociedade e adquírense hábitos de convivencia e respecto mutuo...

As normas son necesarias para propiciar o clima de responsabilidade, traballo e esforzo, que permita obter os mellores resultados do proceso educativo e adquirir os hábitos e actitudes imprescindibles para a educación da persoa.



NO DÍA A DÍA

  • Os alumnos deben respectar o Proxecto Educativo e o Carácter Propio do Centro.
  • Constitúe un deber:
    1. Asistir a clase con puntualidade. Se algunha vez falta ao colexio ou chega tarde, os pais deberán dar unha posterior explicación ao titor/a ou comunicalo previamente.
    2. Participar nas tarefas orientadas ao desenvolvemento dos plans de estudo.
    3. Cumprir e respectar os horarios aprobados e o Calendario Escolar.
    4. Seguir as orientacións do profesorado e mostrarlle o debido respecto e consideración.
    5. Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no Centro, respectando o dereito dos seus compañeiros á educación.
    6. Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do Centro.
    7. Conservar e facer un bo uso das instalacións e materiais didácticos do Centro.
  • Lembra que para saír do Centro en horario escolar é imprescindible a autorización dos teus pais ou titor legal.
  • Durante os recreos os alumnos deberán permanecer no patio, non nos corredores ou aulas, a non ser con permiso do profesor.
  • Toda a roupa dos alumnos de Educación Infantil deberá vir marcada, ao igual que a mochila que non debe levar rodas.
  • Trae o material necesario para o traballo da clase. Os alumnos de Infantil traerán tamén un conto e dúas fotos tamaño carné.
  • Fai chegar aos teus pais, puntualmente, os avisos orais ou escritos que se che confíen no Centro.
  • Cando algún alumno/a incumpra algunha norma do Centro en canto a organización, disciplina... terá unha falta de orde.

TRATO COS COMPAÑEIROS
  • Compórtate de tal maneira que as túas palabras, xestos, escritos... nunca firan a sensibilidade dos demais.
  • Na comunicación tenta chegar a un acordo co diálogo e a escoita.
  • Evita as pelexas en todo o momento: son signo de pouca educación e falta de respecto.
  • Sé sincero, respectuoso e colaborador con eles.
  • Esfórzate por descubrir nos teus compañeiros/as as súas cualidades e dillas.
  • Traballa en equipo con interese, colabora e axuda a que todos participen.
  • Constitúe un deber a non discriminación de ningún membro da comunidade educativa por razón de nacemento, sexo, raza ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

RELACIÓN CO ENTORNO
  • Ten en conta o teu comportamento: 
    • No Comedor:
      • Os alumnos incorporaranse á fila do comedor na que estarán en orde.
      • Unha vez no comedor observarán a disciplina e a orde que require tal lugar. Boa compostura e dilixencia ao recoller a comida e coidará do material e alimentos.
      • Deixará limpo o lugar que usou, tanto mesa como chan, evitando non abandonar restos de comidas, utensilios, etc.
      • Controlará o ton da conversa, evitando gritos que molesten aos demais comensais.
      • Non se poderá sacar comida do comedor, nin volver entrar unha vez abandonado o mesmo.
      • Ningún alumno se ausentará do comedor sen permiso do profesor nin sen terminar todo o da bandexa.
    • Nas Clases aproveita o tempo ao máximo: utiliza adecuadamente os espazos (roupeiro, servizos) atende, estuda,...
    • Nos Desprazamentos para ir ao patio, comedor, laboratorio, plástica... non molestes aos que están traballando, evita gritos e carreiras para favorecer a orde.
  • Procura manter limpos os locais que usas e os lugares polos que pasas. Non tires papeis no patio, corredor, aulas...
  • Cada cousa no seu momento. No Colexio está prohibido:
    • Utilizar o móbil. En caso de uso, requisarase durante unha semana.
    • Comer pipas, chicle,...
    • Fumar é ilegal. Será causa de expulsión.
  • O colexio non se responsabilizará dos obxectos de valor que os alumnos traian ao centro e se extravíen.
  • Os alumnos deben coidar e utilizar correctamente os bens mobles e as instalacións do centro e respectar as pertenzas dos outros membros da Comunidade Educativa.
  • Os alumnos que individual ou colectivamente causen dano de forma intencionada ou por neglixencia ás instalacións do Centro ou o seu material, quedan obrigados a reparar o dano causado ou facerse cargo do custo económico da súa reparación. Igualmente os que subtraeren bens do Centro deberán restituír o subtraído. En todo caso, os pais ou representantes legais dos alumnos serán responsables civís.

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos