Uniforme

Todos os alumnos deben vir correctamente uniformados desde a Educación Infantil 3 anos ata o 4º nivel da E.S.O.

O uniforme componse de pantalón gris ou saia a cadros gris para as nenas e pantalón gris para nenos, zapato negro (non deportivo), pólo ou camisa branca e xersei ou chaqueta verde. Ata o 4º curso de Primaria traerán tamén o mandilón do Colexio, de cadros verdes e brancos.


Para a clase de Educación Física: chándal verde co logotipo do Colexio, tenis brancos, calcetíns brancos e camiseta branca.

N
on se permiten camisetas con debuxos ou cores nin tenis que non sexan predominantemente brancos.

Recoméndase que os alumnos de Educación Infantil usen zapatos e tenis de velcro. Todas as prendas de roupa neste nivel deberán vir marcadas co nome do alumno/a.








O uniforme está á marxe de modas e gustos persoais e non é compatible coa utilización de adornos e complementos no vestir (fulares, pasminas, botas, etc.).

Lembrade que a vosa labor na casa é moi importante.


O non cumprimento das normas do uniforme suporá a imposición dunha sanción ao alumno.

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos