Política de Calidade

O COLEXIO EDUARDO PONDAL, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA é un centro de ensino privado concertado que abrangue os niveis educativos de Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria. A Dirección traballa na asignación e busca dunha xestión eficaz dos recursos humanos e materiais que permitan desenvolver o seu labor baixo o marco duns principios básicos:

 

-          A proposta dunha escola independente, non doutrinaria nin identificada con ningunha opción política nin grupo de presión económico ou relixioso. E, dende esta autonomía, o desenvolvemento do seu propio proxecto educativo e de xestión.

-          A educación en valores e actitudes democráticos, solidarios e de cooperación, na tolerancia e no respecto aos demais.

-          A preparación dos alumnos/as para unha inserción social e profesional na vida adulta, favorecendo as súas facultades de observación e investigación, e a adquisición dun espírito crítico que lles capacite para buscar a verdade.

-          O vínculo ao seu contorno e o compromiso co medio social e natural.

-          O esforzo diario baseado na motivación, axuda e traballo en equipo dos seus profesionais.

-          A satisfacción e superación das necesidades e expectativas formativas e educacionais dos alumnos/as e as súas familias, así como relativas a outros servizos complementarios.

-          O cumprimento dos requisitos aplicables aos servizos prestados, tanto por parte dos clientes como da normativa vixente, así como aqueles definidos polo propio sistema de xestión do Centro.

 

Para a consecución dos seus obxectivos, a Dirección do COLEXIO EDUARDO PONDAL promove a implantación e mantemento dun Sistema de Xestión da Calidade baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2008, planificado e desenvolvido con miras á mellora continua da súa eficacia, e integrado no labor diario de todo o persoal do centro a través dos mecanismos precisos de comunicación, formación e participación.

 

Esta Política de Calidade constituirá a base para establecer e revisar os obxectivos da calidade, e é difundida pola Dirección para ser entendida, aplicada e asumida a todos os niveis do Centro.

 

 

 

Tomás Rodríguez Sánchez

Director do COLEXIO EDUARDO PONDAL.

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos