Secretaría

   PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

  

     PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL (GARDERÍA)     

    Poderase formalizar a matrícula en calquera momento do curso. Deberá presentarse na secretaría do centro fotocopia do libro de familia, carta de vacinas e 3 fotos do/a alumno/a.


     SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA

    Solicitude de admisión: a solicitude presentarase segundo o modelo oficial na secretaría do centro entre o 1 e o 31 de marzo de cada ano acompañada dunha fotocopia do libro de familia. Este modelo poderá adquirirse na propia secretaría ou na:
 
Non será necesario acompañar a solicitude de ningunha outra documentación a menos que así se lle requira no colexio aos solicitantes para un curso determinado.

    Matriculación: realizado o trámite de presentación da solicitude, o propio centro porase en contacto cos pais no mes de xuño para informalos do inicio do proceso de matriculación. Este desenvolverase entre o 20 e o 30 de xuño para aEducación Infantil e Primaria e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo para Educación Secundaria. Por cada nova matriculación deberá entregarse o modelo oficial cumprimentado acompañado de dúas fotos tamaño carné e o número de conta bancaria. 


       PAGAMENTO DE MENSUALIDADES
 
Os recibos cobraranse sempre a mes vencido mediante xiro bancario ou ben en efectivo na secretaría do colexio.
Aqueles pais que realicen o pagamento a través da entidade bancaria deberán achegar no momento da matrícula un número de conta para que o centro proceda ao cobro.



A secretaría permanecerá aberta ao público de 9 h. a 14,30 h. e de 15,30 h. a 17,30 h. A atención telefónica tamén se prestará nese horario.

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos