Campamentos Verán

             O Colexio Eduardo Pondal ofrece as súas instalacións para colonias e campamentos de verán en réxime de pensión completa.

             Situado nun enclave privilixiado, en plena natureza,  a 5 minutos da praia de Liméns e Santa Marta e a tan só 30 minutos de cidades como Vigo ou Pontevedra, comunicado coas Illas Cíes ou Ons desde os portos de Cangas e Bueu.

            Esta situación  permite a organización de excursións para coñecer lugares de interese artístico, cultural e paisaxístico. Sen necesidade de desprazamento pódense levar a cabo actividades ao aire libre: rotas de  sendeirismo, actividades náuticas... ademais das  que se poden desenvolver no propio centro tanto deportivas (ao contar con instalacións como pistas de futbito, tenis, baloncesto, pavillón) como culturais (ao dispoñer de  salón de actos, aulas, biblioteca...).

            Contamos cun servizo de comedor que intenta ofrecer unha dieta axeitada ás idades e actividades dos participantes nos campamentos, e responder tamén ás súas necesidades específicas.  Reúne así condicións ideais para a organización de campamentos, cursos de verán, colonias...

            Temos xa  unha longa experiencia de máis de vintecinco anos ó longo dos cales recibimos grupos procedentes de toda a xeografía española e tamén europea que puideron disfrutar das nosas instalacións, situación e gastronomía.

                  

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos