OBXECTIVOS ETAPA

                          

                     EDUCACIÓN INFANTIL 


Educación Infantil constitúe a etapa con identidade propia que atende a nenos desde o seu nacemento ata os seis anos.

Estructúrase en dous ciclos: o primeiro comprende ata os 3 anos e o segundo exténdese ata os 6 anos. 

Os métodos de traballo en ambos ciclos baséanse nas experiencias, na actividade infantil e no xogo, e aplícanse nun ambiente de seguridade, afecto e confianza para potenciar a autoestima e a integración social.
Do mesmo modo, aténdese progresivamente ó desenvolvemento afectivo, favorecendo a creación de novos vínculos e relacións, coa finalidade de que os nenos elaboren unha imaxe positiva e equilibrada de sí mesmos e adquiran autonomía persoal.
Tamén se estimulará o desenvolvemento da comunicación e da representación en distintas linguaxes, as pautas elementais de convivencia e relación social.

A estas idades desenvólvense a maioría das habilidades e despértase no neno o interés por coñecer, aprender e saber.

CICLOS:

No primeiro ciclo aténdese especialmente a adquisición de hábitos elementais de saúde e benestar, á mellora das súas destrezas motoras e das súas habilidades manipulativas, o desenvolvemento da linguaxe, ó establecemento de vínculos afectivos cós demáis e á regulación progresiva da expresión de sentimentos e emocións.

No segundo ciclo, iníciase a aprendizaxe da lectura e escritura, propícianse experiencias de iniciación temperá en habilidades numéricas básicas, nas novas tecnoloxías (iniciación a informática) e na expresión plástica e musical, todo  con especialistas de experiencia contrastada. Ademáis dunha aproximación ó uso oral dunha lingua estranxeira (inglés, a través dunha profesora nativa) e en actividades comunicativas relacionadas coas rutinas e situacións habituais da aula.

Tanto no primeiro ciclo coma no segundo, dáse especial relevancia ás aprendizaxes orientadas na construcción dunha imaxe axustada de sí mesmo, ó coñecemento, valoración e control que os nenos van adquirindo da súa persoa e da capacidade para utilizar con certa autonomía os recursos dispoñibles en cada momento, e ó desenvolvemento da comunicación, aprendizaxes que consideramos fundamentais e básicos para o posterior desenvolvemento intelectual.

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos