OBXECTIVOS ETAPA

 EDUCACIÓN PRIMARIA


     A educación primaria ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende tres ciclos de dous anos cada un, que se cursarán entre os seis e os doce anos de idade. Con carácter xeral, os alumnos e alumnas incorporaranse ó primeiro curso da Educación primaria no ano natural no que cumpran seis anos.

     A finalidade é proporcionar a tódolos nenos unha educación común que faga posible a adquisición dos elementos básicos culturais, as aprendizaxes relativas á expresión oral, á lectura, á escritura e ó cálculo aritmético, así como unha progresiva autonomía de acción no seu medio.

     A Educación primaria contribuirá a desenvolver no alumnado as seguintes capacidades:

  • Utilizar de maneira apropiada a lingua castelá e a lingua oficial propia da Comunidade Autónoma.
  • Comprender e expresar mensaxes sinxelos nunha lingua estranxeira.
  • Aplicar ás situacións da súa vida cotiá operacións sinxelas de cálculo e procedementos lóxicos elementais.
  • Adquirir as habilidades que permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relaciona.
  • Apreciar os valores básicos propios da convivencia e comportarse de acordo con eles.
  • Utilizar os diferentes medios de representación e expresión artística.
  • Coñecer as características fundamentais do seu medio físico, social e cultural e as posibilidades de acción no mesmo.
  • Valorar a hixiene e saúde do seu propio corpo, así como a conservación da natureza e o medio ambiente.
  • Utilizar a Educación Física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal.

     A Educación primaria organízase en áreas cun carácter global e integrador. 

     A metodoloxia didáctica ten un carácter persoal e adáptase os distintoa ritmos de aprendizaxe do neno.

     A avaliación e contínua e global.


  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos