Horarios Colexio

Os horarios de entrada e saída para todos os niveis serán os seguintes:

Durante os meses de SETEMBRO e XUÑO a xornada escolar desenvolverase en horario de mañá:
 
       • Entrada: ….………………………………………..…................9 h.
•       Saída:  alumnos que non xantan no centro......... 14 h. 
            alumnos que xantan no centro................15 h.
 

Do 1 de OUTUBRO ao 31 de MAIO, xornada de mañá e tarde:


  Entrada mañá:........ 9 h.
Saída mañá:............13,40 h.
 
Entrada tarde:.........15,30 h.
Saída tarde:.............17 h.
 

 


Recordade que este curso seguimos ofertandovos o Servizo de acollida. Aqueles alumnos que o desexen poderán incorporarse o centro desde a 8:00 da maña. Este servizo será gratuíto para todos os alumnos

Prégase puntualidade nas entradas e saídas.
 
O Colexio Eduardo Pondal participa no Programa de prevención e Control do Absentismo Escolar. Toda falta de asistencia ao colexio debe ser comunicada ao centro, se é posible con antelación, mediante nota escrita ou, no seu defecto, por teléfono. Ao reincorporarse ao colexio o alumno deberá entregar ao seu titor o documento Anexo I, que será debidamente cumprimentado e asinado polos pais.
 
 
Considerarase retraso toda chegada á clase unha vez comezado o horario.En cada clase levarase control diario tanto das ausencias como dos retrasos.

  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos