Educación Infantil 0-3 anos

As educadoras


Estimados pais e nais:


   Agradecemos a confianza que depositastes en nós para o coidado e educación do/a fillo/a. Tentaremos que a estadía do/a neno/a sexa o máis agradable posible, para o cal é importante tamén a vosa colaboración.


    Sabemos que a idades tan temperás desprendervos de voso fillo/a, aínda só por unhas horas, resulta en moitos casos doloroso. Tanto vós coma o voso fillo/a ides ter que pasar un proceso de adaptación. Para que este período sexa o máis fácil posible pedímosvos que mentalicedes o cativo/a (se a súa idade o permite) falándolles desta nova situación. Durante a primeira semana (a ser posible), iráselle incrementando pouco a pouco o tempo de permanencia na escola, para que o neno/a non note tanto o cambio.


    Para mellor funcionamento da escola infantil indicámosvos unha serie de normas que nos gustaría cumprísedes:

  1. Notificade ó Centro a información que consideredes importante sobre o voso fillo.
  2. Respetade os horarios de entrada e recollida dos nenos, xa que a puntualidade propicia unha rutina que lles proporciona seguridade.
  3. Os nenos/as que usen cueiros deberán traelos da casa xunto coas toalliñas e a crema se usan, evitando traer braguiña pañal.
  4. Vestide ó neno con roupa cómoda, sen petos nin tirantes e marcádea co seu nome.
  5. Traede unha muda nunha bolsa co seu nome por se hai que cambialos.
  6. É preferible que a mochila sexa sen rodas.
  7. Cada neno traerá unha botelliña de auga na mochila.
  8. Na medida do posible, pregámosvos que os nenos/as veñan sen xoguetes para evitar conflictos ou que os extravíen.
  9. Os nenos a partir de 14 meses traerán mandilón do Colexio Eduardo Pondal, co seu nome e unha cinta para colgar.
  10. Solicitade entrevistas sempre que queirades dar ou pedir unha información máis extensa sobre o voso fillo.

  Os nenos que xantan no comedor deben:

Estar no centro antes das 12:20
Traer cepillo e pasta de dentes.
Se o neno/a padece algunha alerxia alimentaria debe traer un informe do/a pediatra para o caso de dietas especiais.
Dado que o sistema inmunitario dos rapaces  a estas idades non esta moi desenrolado, é recomendable non mandar ó rapaz a escola cando teña:
  • Síntomas de febre
  • Infeccións na boca ou ollos
  • Parásitos intestinais (gastroenterites)
  • Pediculoses capilar ou piollos.

Despois de haber pasado unha enfermidade é obrigatorio traer un informe médico/a conforme o/a neno/a non padece enfermidade infecto contaxiosa.
Se quederes que lle suministremos medicamento o cativo/a debedes traer a receta médica actualizada do tratamento, onde conste, as pautas de medicación e a sinatura do profesional co nº de colexiado/a.
Devolvede canto antes ó Centro  as autorizacións e informacións requeridas.
Aqueles alumnos que asistan en horario de mañá deberán ser recollidos antes das 13:30.
A media mañá e media tarde danse merendas aos nenos que as traian.
O horario de funcionamento  será de luns a venres de 8 a 20 h. agás no mes de agosto que pechará ás 15:00 h.

Julia Riobó Martínez   Mercedes Boullosa Nores   Mª Paz Martínez Docampo  
 
Laura Romero Fernández    

Documentos Adxuntos
  •  Autorizacións
  •  Presentacion axenda
  5 ó día: Asociación para a Promoción do Consumo de Froitas e Hortalizas
Colexio Eduardo Pondal, S.COOP.GALEGA - SEIXO-DARBO, 68-69 36949 CANGAS - TELF: 986 30 30 32 / 986 30 30 90 FAX: 986 30 31 95        Contacte con nos