Secundaria

 
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
 

Á Educación Secundaria accédese unha vez completada a Educación Primaria e consta de catro cursos que se seguirán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.
 
A finalidade da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que os alumnos e alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico, desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo, preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores ou para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.

Os alumnos que ao rematar a Educación Secundaria Obrigatoria alcancen as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterán o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria que lle permitirá acceder ó Bacharelato, á Formación Profesional de grao medio, ós Ciclos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño, ás Ensinanzas Deportivas de grao medio ou ó mundo laboral.

Na actualidade o Colexio Eduardo Pondal consta das seguintes unidades:


 
LABOR TITORIAL

Dende o Colexio Eduardo pondal concebimos a acción titorial  coma un labor pedagóxico encamiñado á tutela, acompañamento e seguimento do alumno coa intención de que o proceso educativo se desenvolva nas mellores condicións.

Dado que consideramos que a educación dos nosos alumnos require dun esforzo conxunto de titores, profesores é familia, os titores encárgaranse de establecer unha comunicación periódica coa familia co fin de manterse mutuamente informados acerca da situación do alumno, pois cremos que compartir a responsabilidade e o compromiso é fundamental para garantir uha educación de calidade que responda eficazmente ás necesidades dos nosos alumnos.

Ademais, o grupo de titores conta no seu labor co asesoramento do Departamento de Orientación Escolar. Este labor consiste en favorecer a educación integral do alumno, tendo en conta os aspectos cognitivos, afectivos e sociais que interveñen no seu proceso de madurez persoal, é dicir, no desarollo da súa propia identidade e sistema de valores que lle axudarán a tomar decisións con respecto ao seu futuro académico e profesional.

Os titores contribúen tamén á individualización da educación, facilitando unha resposta ás necesidades de cada alumno. Cando a situación o require tratan de previr as dificultades de aprendizaxe anticipándose a elas e evitando, no posible, fenómenos indeseados como o abandono, o fracaso ou a inadaptación escolar co obxectivo de que os nosos alumnos superen con éxito esta etapa educativa.