Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

BIBLIOTECA

biblioteca escolar traballa para ofrecer servizos de aprendizaxe, libros e outros recursos, a tódolos membros da nosa comunidade escolar para que desenvolvan o pensamento crítico e empreguen de maneira eficaz a información en calquera soporte e formato. 

Convencidos de que a Biblioteca Escolar é o corazón do colexio, centramos todo o noso esforzo para que a biblioteca sexa o acelerador de innovación metodolóxica, para configurar a nosa biblioteca como factoría de aprendizaxes. 

Unha Biblioteca Escolar Laboratorio na que, tendo como base de todo a lectura e a escritura, incorporamos linguaxes e formas de comunicar, de construír e de compartir coñecemento, atendendo á diversidade e as distintas intelixencias e talentos do noso alumnado. 

E, como ningún mar calmo fixo experto a ningún mariñeiro, seguimos e seguiremos nesta faena ata chegar a bo porto.

Rafa