Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

D.O. Psicopedagóxica

O departamento de orientación psicopedagóxica está concibido como un servizo de axuda a alumnos, pais e profesorado coa fin de facilitar o proceso de ensinanza e aprendizaxe, proporcionando coñecemento, recursos e instrumentos que faciliten o deseño e posta en marcha de apoios e reforzos que atendan as necesidades educativas dos membros da comunidade educativa.

A súa intervención está baseada na atención personalizada do alumno/a con dificultades para axudarlle a desenvolver as súas capacidades e aumentar o seu nivel competencial. Entendemos a orientación dun xeito integral que aborda o plano persoal, académico e profesional.

O noso Centro, atendendo ao principio de inclusión e atendendo ás necesidades educativas de alumnado con necesidades educativas de apoio educativo que precisan duns recursos e materiais específicos ten concedida unha unidade de Educación Especial (E.E.) que funciona desde o curso 2015/16.

Este departamento está constituído polos seguintes profesionais especializados para atender as necesidades do alumnado:

Alberto Docampo Menduiña: Orientador Escolar
Carlos Sotelo Rodal: Mestre de Pedagoxía Terapéutica e Titor da aula de E.E.
Minerva Gómez Rodas: Mestra de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica
Alicia Blanco Cordeiro: Mestra de Pedagoxía Terapéutica, que tamén fai funcións de coidadora.