Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

Educación infantil 3-5 anos

O noso principal obxectivo é contribuir ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nosas alumnas e alumnos, creando un entorno afectivo-educativo que lles permita desenvolverse plenamente.Todo isto nunha contorna natural e aulas abertas en contacto directo coa natureza.

Partimos da Metodoloxía da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) que nos facilita a integración doutras metodoloxías activas como:

  • A Aprendizaxe cooperativa
  • A Cultura do pensamento (rutinas e destrezas)
  • A Gamificación
  • As Intelixencias múltiples
  • A Educación emocional

 Os nosos alumnos e alumnas adquiren as súas aprendizaxes a través da investigación, a experimentación e a manipulación, mediante a resolución de problemas, buscando alternativas e formulando hipóteses levando a cabo  actividades ABN, actividades Montessori e módulos de enriquecemento.

 Contacto directo coas familias a través dunha  axenda dixital.

 BLOG DE INFANTIL