Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

QUEN SOMOS
O equipo de Normalización e dinamización lingüística, que actúa baixo a supervisión da Dirección do centro e que está formado por dez profesores, dous representantes do alumnado e dous representantes do persoal non docente.

O NOSO OBXECTIVO PRIMORDIAL
Potenciar o emprego da nosa lingua galega en todos os planos da vida educativa para garantir, ao remate do ensino obrigatorio, a mesma competencia lingüística nos dous idiomas cooficiais na nosa Comunidade.

ADEMAIS DE …
Atender ás necesidades específicas de cada curso escolar; fomentar a participación en actividades promovidas por institucións públicas e/ou colectivos privados que aumenten ou melloren a competencia lingüística en galego; dotar á lingua de recursos lingüísticos e técnicos que a capaciten para vehicular a vida actual; promover unha visión moderna e útil da lingua que esfarele prexuízos e garantir a posibilidade de vivir en galego a quen o desexe.

RECURSOS
Podedes mantervos informados das novas sobre a nosa lingua seguindo a revista da Coordinadora Galega dos ENDL de Galicia, Ollos de auga.
Ademais tamén podedes consultar na Aula virtual do colexio a páxina web “Comoliño” do noso ENDL, na que daremos conta das actividades e novidades para este novo curso escolar.

Rafa