Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

Política de Calidade

COLEXIO EDUARDO PONDAL, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA é un centro de ensino privado concertado que abrangue os niveis educativos de Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria. A Dirección traballa na asignación e busca dunha xestión eficaz dos recursos humanos e materiais que permitan desenvolver o seu labor baixo o marco duns principios básicos:

  • A proposta dunha escola independente, non doutrinaria nin identificada con ningunha opción política nin grupo de presión económico ou relixioso. E, dende esta autonomía, o desenvolvemento do seu propio proxecto educativo e de xestión.
  • A educación en valores e actitudes democráticos, solidarios e de cooperación, na tolerancia e no respecto aos demais.
  • A preparación dos alumnos/as para unha inserción social e profesional na vida adulta, favorecendo as súas facultades de observación e investigación, e a adquisición dun espírito crítico que lles capacite para buscar a verdade.
  • O vínculo ao seu contorno e o compromiso co medio social e natural.
  • O esforzo diario baseado na motivación, axuda e traballo en equipo dos seus profesionais.
  • A satisfacción e superación das necesidades e expectativas formativas e educacionais dos alumnos/as e as súas familias, así como relativas a outros servizos complementarios.
  • O cumprimento dos requisitos aplicables aos servizos prestados, tanto por parte dos clientes como da normativa vixente, así como aqueles definidos polo propio sistema de xestión do Centro.

Para a consecución dos seus obxectivos, a Dirección do COLEXIO EDUARDO PONDAL promove a implantación e mantemento dun Sistema de Xestión da Calidade baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2008, planificado e desenvolvido con miras á mellora continua da súa eficacia, e integrado no labor diario de todo o persoal do centro a través dos mecanismos precisos de comunicación, formación e participación.

Esta Política de Calidade constituirá a base para establecer e revisar os obxectivos da calidade, e é difundida pola Dirección para ser entendida, aplicada e asumida a todos os niveis do Centro.

Tomás Rodríguez Sánchez
Director do COLEXIO EDUARDO PONDAL.