Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

PRIMARIA

A etapa de educación primaria comprende seis cursos académicos, que se cursarán ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade, e organízase en áreas, que terán un carácter global e integrador.

 A educación primaria contribuirá a desenvolver nos nenos e nas nenas as competencias que lles permitan:

_- Comunicarse  e expresar ideas axeitadamente de xeito oral e escrito.

  Aplicar o razoamento matemático para resolver situacións cotiás e explicar o mundo que nos rodea grazas a coñecementos e metodoloxía científica.

  empregar de xeito seguro e crítico as TIC, para obter, analizar, producir e compartir información.

– Desenvolver a capacidade de iniciar e persistir na aprendizaxe, organizando as súas tarefas e tempo, e traballar de xeito individual ou colectivo para acadar un obxectivo.

– Relacionarse e participar de xeito activo, democrático e cívico na vida social.

– Ser quen de convertir ideas creativas en actos, asumir riscos e planificar e xestionar proxectos.

  Apreciar a importancia da expresión  a través da música, as artes plásticas e escénicas e la literatura. 

O alumno ou a alumna accederá ao curso ou á etapa seguinte sempre que se considere que logrou os obxectivos que correspondan ao curso realizado ou os obxectivos da etapa, e que alcanzou o grao de adquisición das competencias correspondentes.

Nesta etapa poñerase especial énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

 

BLOG´S  EDUCACIÓN PRIMARIA

SEGUNDO CICLO                                                             TERCER CICLO                               PRIMER CICLO