Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

Colexio Eduardo Pondal

feature image

Quen somos

O Colexio Eduardo Pondal nace no ano 1982 e dende entón imparte ensinanzas de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria e ESO, en réxime de concerto coa Consellería de Educación.

Estamos creando una comunidade de aprendizaxe onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación sexan os principios básicos; no que alumnado, profesorado e todo o persoal compartan un espazo que permita a aprendizaxe, a comprensión, a creación e o pensamento crítico.

Para iso, o noso centro intenta levar a cabo metodoloxías que faciliten a consecución destes obxectivos participando nunha serie de programas que nos axudan neste compromiso, como é o caso de PITEAS, coa colaboración da Fundación Barrié, a USC e a Unidade de Altas Capacidades desta universidade, e a implementación do modelo SEM (Schoolwide Enrichment Model); a inclusión na REDE de Escolas UNESCO; ou os programas LUDANTIA, Reanimación Cardiopulmonar, Grupo de Mediación, Voz Natura ou o Plan Proxecta sobre meteoroloxía.

Entendemos o colexio como unha aula de aprendizaxe, cunha metodoloxía baseada nos seguintes eixes:

– Traballo colaborativo, con grupos homoxéneos e heteroxéneos, a través do desenvolvemento de estruturas de traballo cooperativo, establecendo plans de equipo.

– Potenciación do traballo individual e a reflexión do alumno sobre a súa propia aprendizaxe a través da autoavaliación e o porfolio.

– Desenvolvemento de rutinas e destrezas de pensamento de modo sistemático. “Aprender a pensar” na aula .

– Traballo por proxectos, partindo dos intereses dos alumnos, deseñando tarefas que conectan ao alumno coa realidade; facilitando a transferencia de coñecementos entre áreas e cursos e a compactación curricular.

–  Utilización das TIC’s como unha ferramenta fundamental para as explicacións, a búsqueda de información e a presentación do traballo dos alumnos.

–  Promover a exposición dos traballos realizados  polos alumnos nos diferentes espazos do Colexio  para que no seu conxunto constitúa unha aula de aprendizaxe.

– Tratamento integrado das linguas favorecendo coñecementos e experiencias no alumnado que contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa plurilingüe, flexibilizando horarios  para permitir agrupamentos de alumnos e profesores .