Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media
  • social media

Educación Infantil 0-3 anos

SERVIZOS

 

1. Cociña propia
2. Servizo de orientación psicopedagóxica
3. Inmersión lingüística en inglés
4. Linguaxe musical

FOMENTAMOS A AUTONOMÍA

 

Fomentamos a autonomía dos nenos e nenas a través dun acompañamento respectuoso, tendo en conta o desenvolvemento integral de cada neno ou nena en todos os seus aspectos, intelectual, físico, emocional, social e afectivo.

METODOLOXÍA

 

A nosa escola é un lugar onde as nosas nenas e nenos son os protagonistas da súa propia aprendizaxe, nunha contorna natural en contacto coa natureza.

ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA
O noso traballo está orientado a proporcionar unha atención individualizada e de calidade a cada un dos nosas nenas e nenos.

IMPORTANCIA DO AMBIENTE E O ESPAZO
O noso proxecto ten como obxectivo crear un ambiente afectuoso, acolledor e seguro. Coidamos o deseño dos espazos para que os nenos e as nenas se sintan no seu segundo fogar, dispostos a coñecer o que llesrodea.

PEDAGOXÍAS ACTIVAS
Desenvolvemos unha aprendizaxe baseada en experiencias significativas e emocionalmente positivas, na experimentación e o xogo, inspirándonos en diversas corrientes pedagóxicas: Montessori, Emmy Pikler, Waldorf, Intelixencias múltiples de Gadner,…

DOCUMENTOS ADXUNTOS

 

  1. Autorizacións
  2. Presentación Axenda