Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media

Secretaría

PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL (GARDERÍA)

Poderase formalizar a matrícula en calquera momento do curso. Deberá presentarse na secretaría do centro fotocopia do libro de familia, informe médico do pediatra conforme está ao día nas vacinas e non padece ningunha enfermidade, declaración da renda dos membros da unidade familiar para calcular o tramo de pago e tres fotos do alumno ou alumna.

SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

Solicitude de admisión: presentarase segundo o modelo oficial na secretaría do centro no mes de marzo (consultar prazo), acompañada de fotocopia do libro de familia e DNI do alumno e certificado de matriculación. Este modelo poderase conseguir na propia secretaría ou na web da Consellería de Educación.
Non será necesario acompañar a solicitude de ningunha outra documentación a menos que así se lle requira no colexio aos solicitantes para un curso determinado.
Matriculación: realizado o trámite de presentación da solicitude, o propio centro porase en contacto coas familias no mes de xuño para informalas do inicio do proceso de matriculación. Este desenvolverase entre o 20 e o 30 de xuño para Educación Infantil e Primaria, e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo para Secundaria. Por cada nova matrícula deberá entregarse o modelo oficial cumprimentado, acompañado de dúas fotos tamaño carné.

PAGAMENTO DE MENSUALIDADES

Os recibos cobraranse sempre a mes vencido mediante xiro bancario ou ben en efectivo na secretaría do colexio.
Aquelas familias que realicen o pagamento a través da entidade bancaria deberán achegar no momento da matriculación un número de conta para que o centro proceda ao cobro.
A secretaría permanecerá aberta ao público de 09,00 a 14,00 e de 15,30 a 17,00 h.

A atención telefónica tamén se prestará neste horario.

Web da Consellería de Educación

Rafa