Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media
  • social media
imagen del comedor de infantil

COCIÑA E COMEDOR PROPIOS:

UN LUGAR NO QUE APRENDER

O noso centro está equipado cunha cociña e un equipo propios. Isto tradúcese nun ecosistema cheo de valores e que nutre o currículo do alumnado, levando a cabo tarefas na cociña e no comedor, ensinándolles habilidades valiosas para o futuro.

O equipo de cociña esmérase todos os días por ofrecer os menús máis equilibrados para que as vosas fillas e fillos teñan unha nutrición axeitada.

Porque o noso papel tamén é educalos no coidado do seu corpo e fomentar unha relación sá coa comida variada e de tempada.

Cada mes teredes aceso aos distintos menús e ás propostas de cea, deste xeito poderedes planificar todas as comidas para que sexan equilibradas.