Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media
  • social media

Educación Infantil 3-5 anos

SERVIZOS

 

1. Comedor con cociña propia atendido polas titoras
2. Autobús
3. Plan madruga dende as 8:00 h.
4. Flexibilidade horaria
5. Axenda dixital

A NOSA RAZÓN DE SER

 

  • O noso principal obxectivo é contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nosas alumnas e alumnos, creando un entorno afectivo-educativo que lles permita desenvolverse plenamente.
  • Todo isto nunha contorna natural e aulas abertas en contacto directo coa natureza, usando o espazo exterior como ambiente de aprendizaxe.
  • Unha escola sostible e ecolóxica, na que se empregan e se promoven prácticas preservadoras da natureza.
  • Unha escola respetuosa que contempla a pedagoxía do cariño e do coidado.
  • Obradoiros con grupos de diferentes idades que favorecen o desenvolvemento da  capacidade de entreaxuda, sendo os maiores o modelo e apoio para os mais pequenos,  creando un clima de colaboración e aprendizaxe  mutuo. 
  • Obradoiros coas familias que fortalecen os vínculos entre escola e familia.

METODOLOXÍA

 

Partimos da Metodoloxía da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) que nos facilita a integración doutras metodoloxías activas como:

  • A Aprendizaxe cooperativa
  • A Cultura do pensamento (rutinas e destrezas)
  • A Gamificación
  • As Intelixencias múltiples
  • A Educación emocional

Os nosos alumnos e alumnas adquiren as súas aprendizaxes a través da investigación, a experimentación e a manipulación, mediante a resolución de problemas, buscando alternativas e formulando hipóteses,  levando a cabo  actividades ABN, actividades Montessori e Módulos de enriquecemento:

  • COCIÑA SAUDABLE
  • LINGUA DE SIGNOS
  • BIBLIOTECA
  • STEAM (CIENCIA E ROBÓTICA) en INGLÉS
  • HORTA E XARDÍN 

EQUIPO DOCENTE:

  • Mestras especialistas en Educación Infantil
  • Mestre especialista en Orientación Psicopedagóxica
  • Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica 
  • Mestra especialista en Audición e Linguaxe
  • Mestra especialista de Música
  • Mestra especialista de Inglés
  • Mestre especialista de Psicomotricidade
  • Mestra de apoio

DOCUMENTOS ADXUNTOS

 

  1. Autorizacións
  2. Presentación Axenda