Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33
SEMGal/Piteas, promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, nace como un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento do alumnado. Trátase dun programa baseado en modelos científicos recoñecidos a nivel internacional e convenientemente adaptados á realidade educativa, económica e cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.
SEMGal/Piteas existe debido á necesidade de tomar conciencia do papel fundamental que xoga o profesorado na promoción do talento e o desenvolvemento da sociedade. Unha das características comúns que teñen os mellores sistemas educativos do mundo é que os profesores supoñen un rol central como facilitadores da aprendizaxe. Dotar ao profesorado das ferramentas científicas e pedagóxicas adecuadas é o mellor punto de partida á hora de tratar de atender a diversidade presente en cada unha das aulas e que estes modelos e metodoloxías educativas teñan acollida nos programas dos centros educativos.
SEMGal/Piteas busca axudar aos profesores para desenvolver programas dos que se beneficie toda a clase e todo o centro. Con este modelo aténdese á diversidade de capacidades no seu conxunto, na procura de optimizar o proceso de ensino e aprendizaxe respectando a individualidade de alumnos e alumnas, e favorecendo á totalidade do alumnado. Defende, en definitiva, un cambio do plan docente cara á positivización das posibilidades do alumnado.
A filosofía SEM (School Enrichment Model), a investigación e a ciencia, a oratoria, o debate e a comunicación serán algunhas das liñas de traballo por proxectos do profesorado no período 2016-2020.
Link de interese para saber mais do tema:
https://www.youtube.com/watch?v=wXmKtYRjDC0
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.675510612658144&type=1&l=e312df13b1
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.821136268095577&type=1&l=50c98c6bc0