Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media
  • social media

PLAN PROXECTA

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

O noso centro participa en 4 iniciativas do Plan Proxecta

METEOESCOLAS

O noso centro recibiu o diploma de excelencia polo proxecto METEOPONDAL no curso 2015-16 e por METEOPONDAL 2.0 no curso 2016-17

Links de interese para saberes mais:

http://www.meteogalicia.gal/web/formacion/formacionIndex.action

http://www2.meteogalicia.es/galego/observacion/climantica/meteoescolas.asp#

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/6218

 

CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha «antena informativa» en cada centro seleccionado, na que se responsabilice o alumnado de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os correspondentes xuvenís son mozos ou mozas que, mediante unha formación previa e apoiados polo profesorado participante, se encargarán de informar aos demais compañeiros das convocatorias, carnés xuvenís, recursos e actividades que poidan ser do seu interese.

Os correspondentes terán as seguintes funcións:

  1. Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
  2. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os delegados de clase, compañeiros de instituto…
  3. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
  4. Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola dirección xeral de xuventude e destinados aos correspondentes.
  5. Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta.

Links de interese para saberes mais dos nenos correspondentes do curso pasado:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13724-correspondentes-xuvenis-no-concello-de-cangas

https://www.facebook.com/xuventude.cangas/

 

 

PARLAMENTO XOVE

O programa ten como obxectivo fomentar entre a mocidade galega o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias e, tamén, potenciar habilidades individuais e en grupo como a capacidade para seleccionar información, a expresión oral e escrita, a orixinalidade, o traballo en equipo e a convivencia.

Este programa ofrece un conxunto de actividades que teñen como fío común debater a redor dun tema formulado pola organización; entre estas actividades inclúese a publicación de artigos de opinión en blogs e xornais, a realización dun caderno de investigación sobre o tema tratado e, finalmente, a realización dun concurso-debate sobre o tema proposto.

Na avaliación da participación dos equipos durante o debate téñense en conta os seguintes criterios:

  • Capacidade de argumentación (calidade da lingua, capacidade de oratoria, estrutura da exposición, creatividade, variedade nas referencias, uso das fontes de investigación, emprego de figuras estilísticas, capacidade de síntese e presentación en medios dixitais).
  • Traballo en equipo (coordinación, distribución das funcións, tolerancia, respecto polos demais, iniciativa, autonomía persoal, responsabilidade e espírito crítico). Este aspecto do proxecto considérase fundamental dentro do Plan Proxecta, polo que se valorará especialmente o carácter activo, cooperativo, interdisciplinario e de desenvolvemento das competencias clave e da educación en valores.
  • Calidade do artigo e do caderno de investigación sobre o tema de debate.

 

 

CLASES SEN FUME

Trátase dun programa educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante cando menos 6 meses, reforzar o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilitar a presión positiva de grupo xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e unha persoa adulta (titor/a) e reforzar a confianza nun mesmo e nos demais. Para conseguir estes obxectivos utilízase como reclamo a recompensa-premio.

O seguimento presencial do programa é levado a cabo polos departamentos territoriais. O persoal técnico irá aos centros educativos participantes para realizar as seguintes tarefas:

  • supervisar as actividades realizadas nas aulas
  • resolver as dúbidas que lles formulen
  • impartir unha charla informativa con contido preventivo aos escolares
  • comprobar a abstinencia tabáquica

 

 

 

Rafa