Teléfonos: 986 30 30 32 · Escola Infantil: 986 39 26 33

  • social media
  • social media
  • social media

Secundaria

Á Educación Secundaria accédese unha vez completada a Educación Primaria e consta de catro cursos que se seguirán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.

A finalidade da Educación Secundaria Obrigatoria consiste en lograr que os alumnos e alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico, desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo, preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores ou para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.
Os alumnos que ao rematar a Educación Secundaria Obrigatoria alcancen as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterán o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria que lle permitirá acceder ó Bacharelato, á Formación Profesional de grao medio, ós Ciclos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño, ás Ensinanzas Deportivas de grao medio ou ó mundo laboral.

Concibimos a ACCIÓN TITORIAL  coma un labor pedagóxico encamiñado á tutela, acompañamento e seguimento do alumnado coa intención de que o proceso educativo se desenvolva nas mellores condicións.
Dado que consideramos que a educación dos nosos alumnos require dun esforzo conxunto de titores, profesores e familia,fomentamos unha comunicación fluida e periódica entre todos para axudar ao alumnado a conseguir os seus obxectivos.

O grupo de titores conta no seu labor co asesoramento do Departamento de Orientación Escolar. Este labor consiste en favorecer a educación integral do alumno, tendo en conta os aspectos cognitivos, afectivos e sociais que interveñen no seu proceso de madurez persoal.
Os titores tamén contribúen á individualización da educación, facilitando unha resposta ás necesidades de cada alumno. Cando a situación o require tratan de previr as dificultades de aprendizaxe anticipándose a elas e evitando, no posible, o abandono, o fracaso ou a inadaptación escolar co obxectivo de que os nosos alumnos superen con éxito esta etapa educativa.

Rafa